domingo, 18 de febrero de 2018


NORMAS QUE DEBEMOS CUMPRIR O LONGO DO CURSO

  • Cambio de muda e aseo: Traerase os días de clase de educación física unha bolsa con calzado deportivo, camiseta e calcetíns para cambiar. Utilizaremos roupa deportiva. Deberase de cambiar o calzado, calcetíns e a camiseta antes e despois da sesión. En canto a hixiene haberá que lavar as axilas, cara e mans cunha toalla despois desta.
  • Hidratación: Traer unha botella de auga para beber durante a sesión cando sexa necesario.
  • Traslado: Esperaremos o mestre na aula en silencio. Debemos realizar o percorrido da aula o polideportivo, ou outro espazo, sen enredar e en silencio, cambiar a muda no vestiario e ir para a pista colocándonos no centro de esta para comezar a clase.
  • Non comeremos nada durante a clase xa que podemos asfixiarnos.
  • Se non podemos realizar actividade física debemos de traer xustificante médico Por en, axudaremos o mestre nas tarefas que nos solicite.
  • Colaboraremos entre todos para o maior aproveitamento da clase.
  • Non interromper as explicacións dos compañeiros nin do mestre. Se queremos intervir levantaremos a man para que se nos dea a quenda.
  • Coidar o material que se utiliza nas clases.
  • Respectar e axudar a todos os compañeiros por igual: Somos un equipo



No hay comentarios:

Publicar un comentario