domingo, 1 de julio de 2018


Destes MATERIAIS que che presentamos, saberías dicir para que XOGOS TRADICIONAIS son usados?


BUXAINA - MARIOLA - CHAVE - CHAPAS - Rá - BILLARDA



 


 


https://www.dacoruna.gal/interea/intereavisual2/visual02_deporte_art3.php?seccion=
https://pasodebolaegua.wordpress.com/category/deportes/



UD.15: A cigarra e a formiga


A cigarra era feliz gozando do verán: O sol brillaba, as flores desprendían o seu aroma...e a cigarra cantaba e cantaba. Mentres tanto, a súa amiga e veciña, unha pequena formiga, pasaba o día enteiro traballando, recollendo alimentos.

-Amiga formiga! Non te cansas de tanto traballar? Descansa un intre comigo mentres canto algo para ti – Dicíalle a cigarra á formiga.

-Mellor farías en recoller provisións para o inverno e deixarche de tanta vagancia –respondíalle a formiga, mentres transportaba o gran, atarefada.

A cigarra ría e seguía cantando sen facer caso á súa amiga.

Ata que un día, ao espertarse, sentiu o frío intenso do inverno. As árbores quedáronse sen follas e do ceo caían flocos de neve, mentres a cigarra vagaba polo campo, xeada e famenta. Viu de lonxe a casa da súa veciña a formiga, e achegouse a pedirlle axuda.

-Amiga formiga, teño frío e fame, non me darías algo para comer? Ti tes moita comida e unha casa quente, mentres que eu non teño nada.

A formiga entreabriu a porta da súa casa e díxolle á cigarra.

-Dime amiga cigarra, que facías ti mentres eu madrugaba para traballar? Que facías mentres eu cargaba con grans de trigo de aquí para alá?

-Cantaba e cantaba baixo o sol- contestou a cigarra.

-Iso facías? Pois se cantabas no verán, agora baila durante o inverno-

E pechoulle a porta, deixando fóra á cigarra, que aprendera a lección.


Cal crees que é a lección que nos da este conto?


Queres coñecer o necesario para poder realizar unha 
CARREIRA DE ORIENTACIÓN?


Preme AQUI para poder realizar uns xogos onde veremos todo isto. 

UD.14: O can, a pantera e o mono




Houbo un día, en que un cazador foi ao África e levou o seu can.

Un día durante a expedición, o can, correndo tras algunhas bolboretas perdeuse do grupo e comezou a vagar pola selva. Niso viu de lonxe que viña a toda velocidade unha pantera a toda carreira que, sen dúbida, íao a comer; así que o can pensando rápido que facer: observou unha chea de ósos dun animal morto e empezou a roelos. Entón, cando a pantera estaba a piques de atacalo, o can dixo en voz alta:
-Ah!!!. Que rica pantera acabei de papar!!!

A pantera logo de escoitalo, frea e sae espantada pensando:
-Quen sabe que animal será, non sexa que me coma a min tamén.

Un mono que estaba sobre unha rama dunha árbore próxima, que vira a escena, sae correndo tras a pantera para contarlle como o can a enganara:
-Como serás de torpe, eses ósos xa estaban aí, ademais é un simple can.

Así que a pantera, moi molesta, díxolle ao mono:
-Súbete ás miñas costas, imos onda ese can para ver quen se come a quen.

E saen correndo a buscar ao can, o que de lonxe viu novamente a pantera e esta vez co mono o as súas costas:
-E agora que fago?, pensa o can asustado.

Entón, no canto de saír correndo, queda sentado dándolles as costas coma se non os vise, e cando a pantera está a piques de atacalo, o can di:
-Ahh, este Mono!!!, fai como media hora que o mandei a traerme outra pantera, e aínda non aparece.



Cal crees que é a lección que nos da este conto?

Vamos a aprender sobre a EXPRESIÓN CORPORAL. No seguinte video deberás de adiviñar que queren decir as diferentes expresions da cara:




UD.13: O oso, A mona e o porco


Un oso, co que a vida
se gañaba un Piamontés,
a non moi ben aprendida
danza ensaiaba en dous pes.
 
Querendo facer de persoa,
dixo a unha mona: «¿Que tal?»
Era exquisita a mona,
Respondeulle: «Moi mal».
 
«Eu creo», replicou o oso,
«Que me fas pouco favor.
Pois ¿que ?, ¿meu aire non é garboso?
¿Non fago o paso con primor? ».
 
Estaba o porco presente,
e dixo: «¡Bravo! ¡Ben vai!
Bailarín máis excelente
non se viu nin verá ».
 
Botou o oso, ao oír isto,
As súas contas alá entre si,
e con ademán modesto
houbo de exclamar así:
 
«Cando me desaprobaba
a mona, cheguei a dubidar;
máis xa que o porco me aplaude,

moi mal debo de bailar ».

Cal crees que é a lección que nos da este conto?


Gustanche os BAILES? Coñeces DANZAS de outros lugares? Preme nos enlaces de abaixo a ver se acertas que bailes son e cal é a súa orixe:






DANZAS:
SABAR - MUIÑEIRA -VALS - MERENGUE 

ORIXE:
REPÚBLICA DOMINICANA - SENEGAL - GALICIA - INGLATERRA



UD.12: O lobo pastor

Un lobo, que non atopaba herba suficiente pasto entre as ovellas da zona, buscou a axuda dunha pel de zorro para disfrazarse. Vestiuse de pastor, poñendo unha zamarra, tomou un bastón e colgou unha frauta nas súas costas. Para completar a estrataxema, só necesitaba escribir na cinta do sombreiro. "Son Perico, pastor deste rabaño".

Metamorfoseado de tal xeito, e apoiando as patas dianteiras no bastón de madeira, o finxido Perico achegouse pouco a pouco. O Perico real, estaba deitado sobre a herba, durmía coma un preguiceiro. Durmía tamén o seu can, e mesmo a gaita durmía. Por durmir, as ovellas tamén durmían.

Para enganalos mellor, e para atraer as ovellas á súa cova, o lobo quixo reforzar coas súas palabras o engano do seu disfrace; pero iso é o que o perdeu. Tanto como o fixo, non podía imitar a voz do pastor. O duro timbre resoou en todo o bosque e descubriu o truco. Todos espertaron, as ovellas, o mastín e o pastor. O pobre lobo, co obstáculo da zamarra, non puido fuxir nin defenderse.

Cal crees que é a lección que nos da este conto?


Vamos aprender un pouco sobre XEOGRAFÍA. 
Preme do enlace a continuación:

UD.11: Xúpiter e os defectos.



Esta historia pasou fai tempo, cando o deus Xúpiter enviou unha mensaxe a todos os animais do mundo para que se reunisen, co obxectivo de pedirlle que corrixise os seus defectos.
O primeiro animal mencionado era o mono, o cal lle preguntou se aceptaba o seu corpo:
-Hai un motivo no que non estou de acordo con el, e é que é o mesmo que o doutro animal, isto non pode ser dito polo oso, porque o seu corpo semella a medio facer.
Entón veu o oso, todos pensaron que ía comezar a queixarse, pero en lugar de reclamar, comezou a destacar as grandes características da súa figura e máis tarde, dixo que o elefante podería ser mais fermoso se a cola fora máis longa e as orellas máis pequenas.
Debido a como se estaba desenvolvemento a reunión, esperábase que o elefante comezase a queixarse ​​de alguén, e fixo iso porque comezou a falar sobre a balea, a formiga e o resto dos presentes.
Xúpiter, ao ver que todo o que se estaba facendo na reunión era revelar os defectos dos demais, suspendeu a reunión o peor mandando marchar a tódolos animais.
Cal crees que é a lección que nos da este conto?
Premendo AQUÍ atoparás información para a realización do traballo sobre o FÚTBOL SALA.



Mira as habilidades dunha das mellores xogadoras do mundo:

UD.10: O asno e o seu mal compañeiro
Un cabalo novo e desconsiderado camiñaba feliz xunto a un asno vello, que estaba moi cargado de fardos que lle cargara o seu amo nas súas costas. O asno, moi fatigado, implorou axuda o seu compañeiro e díxolle:

- Pídolle, meu amigo, que me axude a levar a metade do que estou cargando, para ti sería como un xogo, pero para min sería un gran servizo, xa que me sinto que estou a piques de desmaiarme.


Pero o cabalo negouse a prestarlle axuda, ríndose do asno.

Continuaron camiñando, ata que o asno non puido mais e caeu desfalecido.

Vendo isto, o cabalo comprendeu o mal que actuara e agora o dono, eliminou toda a carga que levaba o asno e colocouna encima del.


Cal crees que é a lección que nos da este conto?
Para buscar información sobre o BADMINTON, preme nos seguintes enlaces:



Para buscar información sobre o BALONCESTO, preme nos seguintes enlaces:



Vamos a aprender sobre o deporte do BALONCESTO. Preme para comezar a xogar:




UD.9: Os abellóns e as abellas

Aconteceu unha vez que algúns  paneis de mel non tiñan  dono. Os abellóns reivindicábano e as abellas que se  opoñían, levaron o asunto os tribunais das avespas. Complicada foi a cuestión, pois testemuñas declaraban ver voando arredor certos insectos alados, de cor escura, parecidos as abellas; pero  que igualmente  os abellóns, tamén teñan estes sinais.

A avespa, sen saber o que decidir, abriu o sumario, chamando a todas as formigas do formigueiro  a declarar, pero ningunha delas conseguiu aclarar as dúbidas.

"Querédesme dicir a que ven é todo isto?-Preguntou unha abella moi avisado- Seis meses de litixio levamos enriba, e seguimos igual co primeiro día. Mentres tanto, o mel estase perdendo”. Xa é hora de que o xuíz se apresure que bastante lle durou a ganga. Sen tantos autos e providencias traballarán os abellóns e nós, e imos ver quen pode facer os mellores paneis co mel mais rico".
Non admitiron  os abellóns, demostrando que aquel arte era superior as suas habilidades, e a avespa concedeu o mel aos seus verdadeiros donos, as abellas.


Cal crees que é a lección que nos da este conto?
Vamos a aprender sobre o deporte do BADMINTON. Preme para comezar a xogar:







UD.8: O Oso e as abellas




Nun día cálido de verán, un oso que vivía na fraga, estaba famento e doente por comer, polo que decidiu deixar a súa cova en busca de mel. Logo desa busca, atopou unha colmea a varios metros da súa casa.

Ledo de atopar a súa comida favorita, saudou educadamente ás abellas e preguntoulles se lle poderían regalar algo dese delicioso mel. Elas negáronse a darlle o seu mel, porque o levaban producindo un ano enteiro.

O oso estaba tan enfurecido, que colleu un pau que estaba preto dunha árbore e comezou a batelo contra a colmea fortemente, ata que caeu ao chan. As abellas, aínda máis anoxadas que o oso, saíron da súa casa e comezaron a picalo facendo correra cara un río para mergullarse e sacalas de enriba.

Cal crees que é a lección que nos da este conto?


MEDIDAS DE SEGURIDADE (Habilidades de loita)

Recorda que nas habilidades de loita, deberemos de ter algunhas consideracións especiais:

  • Realizar todas as actividades tendo en conta a seguridade propia e a do compañeiro.
  • Non realizar accións nin condutas de risco en ningún momento (agarrar, etc...).
  • Respectar as diferenzas entre os compañeiros.
  • En caso de producirse algún incidente, avisar o mestre con celeridade.
  • Realizar todas as indicacións con respecto á seguridade na sesión

Busca no seguinte enlance accions que mostren respcto no deporte.