UD.14: O can, a pantera e o mono
Houbo un día, en que un
cazador foi ao África e levou o seu can.
Un día durante a
expedición, o can, correndo tras algunhas bolboretas perdeuse do grupo e
comezou a vagar pola selva. Niso viu de lonxe que viña a toda velocidade unha
pantera a toda carreira que, sen dúbida, íao a comer; así que o can pensando
rápido que facer: observou unha chea de ósos dun animal morto e empezou a roelos.
Entón, cando a pantera estaba a piques de atacalo, o can dixo en voz alta:
-Ah!!!. Que rica pantera acabei
de papar!!!
A pantera logo de
escoitalo, frea e sae espantada pensando:
-Quen sabe que animal
será, non sexa que me coma a min tamén.
Un mono que estaba sobre
unha rama dunha árbore próxima, que vira a escena, sae correndo tras a pantera
para contarlle como o can a enganara:
-Como serás de torpe, eses
ósos xa estaban aí, ademais é un simple can.
Así que a pantera, moi
molesta, díxolle ao mono:
-Súbete ás miñas costas,
imos onda ese can para ver quen se come a quen.
E saen correndo a buscar
ao can, o que de lonxe viu novamente a pantera e esta vez co mono o as súas
costas:
-E agora que fago?, pensa
o can asustado.
Entón, no canto de saír
correndo, queda sentado dándolles as costas coma se non os vise, e cando a
pantera está a piques de atacalo, o can di:
-Ahh, este Mono!!!, fai como media hora que o
mandei a traerme outra pantera, e aínda non aparece.
Cal crees que é a lección que nos da este conto?