domingo, 1 de julio de 2018


Destes MATERIAIS que che presentamos, saberías dicir para que XOGOS TRADICIONAIS son usados?


BUXAINA - MARIOLA - CHAVE - CHAPAS - Rá - BILLARDA



 


 


https://www.dacoruna.gal/interea/intereavisual2/visual02_deporte_art3.php?seccion=
https://pasodebolaegua.wordpress.com/category/deportes/



UD.15: A cigarra e a formiga


A cigarra era feliz gozando do verán: O sol brillaba, as flores desprendían o seu aroma...e a cigarra cantaba e cantaba. Mentres tanto, a súa amiga e veciña, unha pequena formiga, pasaba o día enteiro traballando, recollendo alimentos.

-Amiga formiga! Non te cansas de tanto traballar? Descansa un intre comigo mentres canto algo para ti – Dicíalle a cigarra á formiga.

-Mellor farías en recoller provisións para o inverno e deixarche de tanta vagancia –respondíalle a formiga, mentres transportaba o gran, atarefada.

A cigarra ría e seguía cantando sen facer caso á súa amiga.

Ata que un día, ao espertarse, sentiu o frío intenso do inverno. As árbores quedáronse sen follas e do ceo caían flocos de neve, mentres a cigarra vagaba polo campo, xeada e famenta. Viu de lonxe a casa da súa veciña a formiga, e achegouse a pedirlle axuda.

-Amiga formiga, teño frío e fame, non me darías algo para comer? Ti tes moita comida e unha casa quente, mentres que eu non teño nada.

A formiga entreabriu a porta da súa casa e díxolle á cigarra.

-Dime amiga cigarra, que facías ti mentres eu madrugaba para traballar? Que facías mentres eu cargaba con grans de trigo de aquí para alá?

-Cantaba e cantaba baixo o sol- contestou a cigarra.

-Iso facías? Pois se cantabas no verán, agora baila durante o inverno-

E pechoulle a porta, deixando fóra á cigarra, que aprendera a lección.


Cal crees que é a lección que nos da este conto?


Queres coñecer o necesario para poder realizar unha 
CARREIRA DE ORIENTACIÓN?


Preme AQUI para poder realizar uns xogos onde veremos todo isto. 

UD.14: O can, a pantera e o mono




Houbo un día, en que un cazador foi ao África e levou o seu can.

Un día durante a expedición, o can, correndo tras algunhas bolboretas perdeuse do grupo e comezou a vagar pola selva. Niso viu de lonxe que viña a toda velocidade unha pantera a toda carreira que, sen dúbida, íao a comer; así que o can pensando rápido que facer: observou unha chea de ósos dun animal morto e empezou a roelos. Entón, cando a pantera estaba a piques de atacalo, o can dixo en voz alta:
-Ah!!!. Que rica pantera acabei de papar!!!

A pantera logo de escoitalo, frea e sae espantada pensando:
-Quen sabe que animal será, non sexa que me coma a min tamén.

Un mono que estaba sobre unha rama dunha árbore próxima, que vira a escena, sae correndo tras a pantera para contarlle como o can a enganara:
-Como serás de torpe, eses ósos xa estaban aí, ademais é un simple can.

Así que a pantera, moi molesta, díxolle ao mono:
-Súbete ás miñas costas, imos onda ese can para ver quen se come a quen.

E saen correndo a buscar ao can, o que de lonxe viu novamente a pantera e esta vez co mono o as súas costas:
-E agora que fago?, pensa o can asustado.

Entón, no canto de saír correndo, queda sentado dándolles as costas coma se non os vise, e cando a pantera está a piques de atacalo, o can di:
-Ahh, este Mono!!!, fai como media hora que o mandei a traerme outra pantera, e aínda non aparece.



Cal crees que é a lección que nos da este conto?

Vamos a aprender sobre a EXPRESIÓN CORPORAL. No seguinte video deberás de adiviñar que queren decir as diferentes expresions da cara:




UD.13: O oso, A mona e o porco


Un oso, co que a vida
se gañaba un Piamontés,
a non moi ben aprendida
danza ensaiaba en dous pes.
 
Querendo facer de persoa,
dixo a unha mona: «¿Que tal?»
Era exquisita a mona,
Respondeulle: «Moi mal».
 
«Eu creo», replicou o oso,
«Que me fas pouco favor.
Pois ¿que ?, ¿meu aire non é garboso?
¿Non fago o paso con primor? ».
 
Estaba o porco presente,
e dixo: «¡Bravo! ¡Ben vai!
Bailarín máis excelente
non se viu nin verá ».
 
Botou o oso, ao oír isto,
As súas contas alá entre si,
e con ademán modesto
houbo de exclamar así:
 
«Cando me desaprobaba
a mona, cheguei a dubidar;
máis xa que o porco me aplaude,

moi mal debo de bailar ».

Cal crees que é a lección que nos da este conto?


Gustanche os BAILES? Coñeces DANZAS de outros lugares? Preme nos enlaces de abaixo a ver se acertas que bailes son e cal é a súa orixe:






DANZAS:
SABAR - MUIÑEIRA -VALS - MERENGUE 

ORIXE:
REPÚBLICA DOMINICANA - SENEGAL - GALICIA - INGLATERRA