UD.4: O carballo e o xunco
Di a lenda, que unha vez un xunco e un carballo creceron xuntos. Finalmente
o carballo converteuse nunha árbore enorme e presumida que desprezaba a cana
burlándose deste xeito:
- ¡Que pequeno e débil es! Nin
sequera tes ramas e o teu tronco non tería un cuarto de quilo. Eu, porén, son
grande, teño ramas poderosas e o meu tronco é mil veces máis robusto que o teu.
Nin se sei por que te estou falando.
A cana nin se inmutou con esas verbas, pero quedou triste por que o seu
compañeiro, o carballo, estivese tan satisfeito.
Un día un tornado devastou a rexión, e mentres o carballo resistía á
virulencia do aire con todo o seu vigor, a cana pregábase. O tornado era tan
forte que rematou tirando o carballo.
Cando a calma chegou, a cana aínda estaba en pé porque non se opuxo á
enorme forza que os atacaba, polo que logrou eludila, mentres o carballo caeu
por crerse invulnerable, terminando converténdose en madeira para os leñadores.
Cando o xunco o viu, dixo:
- Tanta soberbia e arrogancia, de que che serviu? A túa inflexibilidade
ante o tornado levoute á túa propia caída.
Cal crees que é a lección que nos quere dar este conto?

No hay comentarios:
Publicar un comentario