UD.15: A cigarra e a formiga
A cigarra era feliz gozando
do verán: O sol brillaba, as flores desprendían o seu aroma...e a cigarra
cantaba e cantaba. Mentres tanto, a súa amiga e veciña, unha pequena formiga,
pasaba o día enteiro traballando, recollendo alimentos.
-Amiga formiga! Non te
cansas de tanto traballar? Descansa un intre comigo mentres canto algo para ti
– Dicíalle a cigarra á formiga.
-Mellor farías en recoller
provisións para o inverno e deixarche de tanta vagancia –respondíalle a
formiga, mentres transportaba o gran, atarefada.
A cigarra ría e seguía
cantando sen facer caso á súa amiga.
Ata que un día, ao
espertarse, sentiu o frío intenso do inverno. As árbores quedáronse sen follas
e do ceo caían flocos de neve, mentres a cigarra vagaba polo campo, xeada e
famenta. Viu de lonxe a casa da súa veciña a formiga, e achegouse a pedirlle
axuda.
-Amiga formiga, teño frío
e fame, non me darías algo para comer? Ti tes moita comida e unha casa quente,
mentres que eu non teño nada.
A formiga entreabriu a
porta da súa casa e díxolle á cigarra.
-Dime amiga cigarra, que
facías ti mentres eu madrugaba para traballar? Que facías mentres eu cargaba
con grans de trigo de aquí para alá?
-Cantaba e cantaba baixo o
sol- contestou a cigarra.
-Iso facías? Pois se
cantabas no verán, agora baila durante o inverno-
E pechoulle a porta,
deixando fóra á cigarra, que aprendera a lección.
Cal crees que é a lección que nos da este conto?

No hay comentarios:
Publicar un comentario