domingo, 1 de julio de 2018


UD.8: O Oso e as abellas




Nun día cálido de verán, un oso que vivía na fraga, estaba famento e doente por comer, polo que decidiu deixar a súa cova en busca de mel. Logo desa busca, atopou unha colmea a varios metros da súa casa.

Ledo de atopar a súa comida favorita, saudou educadamente ás abellas e preguntoulles se lle poderían regalar algo dese delicioso mel. Elas negáronse a darlle o seu mel, porque o levaban producindo un ano enteiro.

O oso estaba tan enfurecido, que colleu un pau que estaba preto dunha árbore e comezou a batelo contra a colmea fortemente, ata que caeu ao chan. As abellas, aínda máis anoxadas que o oso, saíron da súa casa e comezaron a picalo facendo correra cara un río para mergullarse e sacalas de enriba.

Cal crees que é a lección que nos da este conto?

No hay comentarios:

Publicar un comentario