domingo, 1 de julio de 2018


UD.14: O can, a pantera e o mono




Houbo un día, en que un cazador foi ao África e levou o seu can.

Un día durante a expedición, o can, correndo tras algunhas bolboretas perdeuse do grupo e comezou a vagar pola selva. Niso viu de lonxe que viña a toda velocidade unha pantera a toda carreira que, sen dúbida, íao a comer; así que o can pensando rápido que facer: observou unha chea de ósos dun animal morto e empezou a roelos. Entón, cando a pantera estaba a piques de atacalo, o can dixo en voz alta:
-Ah!!!. Que rica pantera acabei de papar!!!

A pantera logo de escoitalo, frea e sae espantada pensando:
-Quen sabe que animal será, non sexa que me coma a min tamén.

Un mono que estaba sobre unha rama dunha árbore próxima, que vira a escena, sae correndo tras a pantera para contarlle como o can a enganara:
-Como serás de torpe, eses ósos xa estaban aí, ademais é un simple can.

Así que a pantera, moi molesta, díxolle ao mono:
-Súbete ás miñas costas, imos onda ese can para ver quen se come a quen.

E saen correndo a buscar ao can, o que de lonxe viu novamente a pantera e esta vez co mono o as súas costas:
-E agora que fago?, pensa o can asustado.

Entón, no canto de saír correndo, queda sentado dándolles as costas coma se non os vise, e cando a pantera está a piques de atacalo, o can di:
-Ahh, este Mono!!!, fai como media hora que o mandei a traerme outra pantera, e aínda non aparece.



Cal crees que é a lección que nos da este conto?

No hay comentarios:

Publicar un comentario